CO FILLO PREDILECTO O MESMO

As medallas de Mos, autopropaganda pura e dura

img_14613

A foto é o que importa...

As medallas de Mos, autopropaganda pura e dura

Unha vez máis ven a época das medallas, e o goberno do PP xa nos pasou a súa listaxe, a súa proposta, porque esto é así, eles nos dan a súa proposta á oposición e se parece ben vale, e se non tamén.

Por suposto piden propostas alternativas, pero cando se din, deben de quedar para outros momentos máis propicios e levan adiante a do goberno. Estas concesións son para quedar ben o goberno, porque así eles o poden vender aos homenaxeados, xa que a proposta partíu deles , sinxelo pero eficaz.

Son actos de parafernalia , de visita de autoridades , que casualmente son sempre do seu partido, e de sair a entregar medallas calquera , menos os concelleiros da oposición. E por riba temos que aplaudir todos e todas a rabiar, porque senon pareces facer un desprezo aos homenaxeados.

Ben, este ano, dáselle medallas ao Bar Gallardo, á deportista Susana Alonso, e ás Comunidades de Montes de Mos e Torroso.

O BNG apoia sen dúbida as dúas primeiras, porque a do Bar Gallardo xa fora unha proposta nosa hai anos e por suposto daquela non lle gustou ao goberno e non nos fixo caso, agora a saber por que cambiou de opinión, pero máis vale tarde que nunca. E á de Susana Alonso, pois non temos nada que alegar, e tamén nos parece ben.

A controversia ven polas medallas ao mérito cultural (CCMM de Torroso) e ao mérito social (CCMM de Mos). Tal como dixo a alcaldía no pleno, dáselles ás CCMM que utilizan o diñeiro como debe ser, e non se lle dá ás que o utilizan para reclamar nos xulgados terreos que están en mans das administracións. Pois con esa premisa xa está todo claro !!!!.

Pero aínda así, a do mérito cultural débeselle dar , se fose o caso, ao Centro Cultural e Recreativo de Torroso, que é o que fai o enorme labor da escola de música, pero non se lle debe dar á CCMM de Torroso, para nós ese é un desprezo hacia o centro cultural .

E a do mérito social, por que á CCMM de Mos?, pois a verdade que podería ser a calquer asociación de Mos, pero seguro que non ten nada que ver as relacións con esa parroquia que ten a alcaldía, seguro que non. De existir unha medalla polo coidado do monte aínda podería ser.

Estase a desvirtuar a importancia da concesión de medallas. E ao final é unha ferramenta de propaganda política do goberno. Queremos lembrar a proposta que fixemos de retirarlle a medalla a Pórtico Básico, que deixou na rúa a moitos traballadores/as, pola súa nefasta actuación económica, e a resposta do goberno foi pasar olimpicamente . Eso demostra para que valen as medallas, e quen manda nelas.

Con respecto ao nomeamento de fillo predilecto, non temos ningún problema coa persoa elexida, non dubidamos da súa valía, pero o galardón tamén se lle dá aos emigrantes en xeral, tal como dixo a alcaldía no pleno de abril.

A valía da persoa elexida non é obice para non poder criticar que sexa o PP, o partido que fixo que miles de persoas tiveran que emigrar neste últimos anos, o que propoña ese galardón á emigración, por moito que se boten lágrimas polos/as emigrantes, o PP non ten a valía moral de poder darlle ese galardón á emigración. O PP debe traballar para que regresen moitos dos que se foron recentemente, e aos que levan decenas de anos fóra, débeselle axudar, pero non se lles debe utilizar propagadísticamente!!!!

Ou sexa, este galardón é un lavado de cara do PP ante a emigración.

Mos 30 de maio do 2017

Miguel Anxo Aldea Moscoso

Portavoz do Grupo Municipal do BNG de Mos

Tlf: 628 141 093

As medallas de Mos, autopropaganda pura e dura