DÉBEDA CONCELLO DE MOS
Ás voltas coa débeda municipal
Contestación do noso Portavoz Municipal, Miguel Anxo Aldea Moscoso as acusacións verquidas dende Populares de Mos sobre a débeda municipal, nas cales bota balóns fora e a señora alcaldesa chega a decir que non é culpa dela
O goberno do concello de Mos non foi quen de acabar coa débeda en 8 anos,e eso tras acometer unha brutal subida de impostos no ano 2012.
Non por moito repetir unha mentira chega a ser verdade, pero o goberno do concello de Mos intentar o intenta....
Cando lle convén remítese ao acontecido hai oito anos, pero para outras cousas como foi o despilfarro dos dous anos posteriores á moción de censura, deso non se lembran.
O punto álxido da débeda atópase ao remate do ano 2012, onde chegamos aos 13,7 millóns. Nese intre afloran as facturas que o PP tiña agochadas para afianzarse no poder. Lembremos a brutal subida de impostos do ano 2012, de ate un 100% nalgún caso, e que a pesares de estar controlados por Montoro, o PP foi só capaz de baixar a débeda en 2,5 millóns, e eso porque o préstamo de pago a proveedores hai que pagalo si ou si, que se non nin eso.
Polo menos recoñecen que a débeda é a suma de todo o que se debe e non só dos pretamos. Algo avanzamos.
Se había facturas nese intre da moción de censura, esas foron aumentadas enormemente para afianzar o poder e chegar ás eleccións do 2011 fortalecida, cousa que conseguíu co diñeiro de todos e todas.
Falando de remanentes positivos, e diversos datos económicos, cada un conta a feira como lle foi, de seguro que se encargamos varios informes que analicen a liquidación do orzamento, cada un dirá cousa distina, depende do enfoque que se lle dea.
Ti podes ter remanente de tesorería positivo, pero eso será porque non pagas as facturas obviamente, se pagaras desaparecería ese remanente.
A demagoxia na linguaxe fiscal é enorme, o problema é crerse as túas propias mentiras.
Un dato para demostrar o gran labor económico foi por exemplo en febreiro do ano 2015 que se aprobaron facturas por un importe de 902.000 euros dunha soa tacada, facturas que quedaron do ano anterior sen pagar. Grandioso o labor fiscal, si señor."
Mos a 04 de abril do 2017
Miguel Anxo Aldea Moscoso
Portavoz do Grupo Municipal do BNG de Mos
Tlf: 628 141 093