O BNG alerta sobre os problemas de liquidez do Concello de Mos e esixe acabar co malgasto
Gustavo Barcia: “o PP de Nidia Arévalo está totalmente descontrolado e segue aprobando gastos irresponsables como a contratación dun coche oficial”
O goberno de Nidia Arévalo sacou a licitación o renting dun vehículo de alta gama, por 540 euros ao mes, mentres a situación das arcas municipais é crítica.
Gustavo Barcia: “É un gasto inaceptable nun Concello que non ten diñeiro nin para clips por culpa da irresponsable xestión económica do PP”.
O PP de Nidia Arévalo aprobou cinco dedicacións exclusivas e unha parcial, elevando o gasto anual a 198.000 euros, 53.600 máis que o aprobado en 2019.
Gustavo Barcia denuncia “a hipocrisía” da alcaldesa, que comezou o mandato anterior con catro dedicacións exclusivas “e agora di que é imposible gobernar así”.
O goberno de Nidia Arévalo incluíu no último recoñecemento extraxudicial de crédito facturas por importe de 22.000 euros para pagar catro carteis luminosos
Gustavo Barcia considera que ese diñeiro “estaría mellor investido nos servizos sociais ou en dar apoio á cultura e o deporte”