O BNG esixe a retirada da barreira instalada por un colexio privado para cortar unha vía pública en Puxeiros
O concelleiro Gustavo Barcia expresou as súas dúbidas sobre a legalidade da pasarela elevada que o Colexio LAR está a construír entre dous edificios.
O grupo municipal nacionalista denuncia tamén a instalación de cámaras de seguridade sen sinalizar e pide unha reorganización do tráfico na zona.