A INCOMPETENCIA DO PP

619.600 euros en facturas, o PP de Mos leva esta cantidade para aprobala no pleno de marzo

facturas

Esto demostra que o orzamento é papel mollado

619.600 euros en facturas, o PP de Mos leva esta cantidade para aprobala no pleno de marzo

     No pleno deste mes hai un punto na orde do día que é a aprobación do recoñecemento extraxudicial de crédito nº 3/2018. Este é un acto que se fai cando hai que aprobar facturas atrasadas, que son de anos distintos ao actual, e que non se puideron aprobar por falla de orzamento ou por non seguir o procedemento adecuado. Normalmente se ven facendo por cantidades non moi grandes, pero a deste pleno demostra que o desastre económico deste concello continúa.

   Mediante os votos positivos de PP , aprobarase este recoñecemento de facturas, que suman a cantidade nada desdeñable de 619.609 euros. Non moi lonxe do record do ano 2015 onde se aprobaran case un millón de euros

   De continuo intervención do concello avisa de que se están incumplindo e saltando as normas, que cando se realiza o gasto non hai orzamento suficiente e que deben reducir os gastos innecesarios.

   Levar este enorme número de facturas, deixa ver o nefasto control económico dos gobernantes do concello, que presumen de ter mellorado a economía municipal pero queda claro que é só propaganda. Esta práctica xa se ten dado en anos anteriores . Esto é o que se chama limpar os caixóns das facturas acumuladas

   Como se pode ver, pura inxenería económica . E mentras tanto os cidadáns a pagar impostos e a sufrir.

 

Mos a 22 de marzo do 2018

Miguel Anxo Aldea Moscoso

Portavoz do Grupo Municipal do BNG de Mos

Tlf: 628 141 093

619.600 euros en facturas, o PP de Mos leva esta cantidade para aprobala no pleno de marzo