O CATASTRO DO PP

Ás voltas co catastrazo, están chegando os atrasos

Catastro2018

Todo este proceso de regularización catastral, que comezou no noso concello no ano 2016, está dando os útimos coletazos coa chegada masiva do cobro dos atrasos dos últimos catro anos do IBI.

Ás voltas co catastrazo, están chegando os atrasos

      Este proceso demostrou ser absolutamente inxusto por varias razóns. Deixando de lado a parte razoable de regular as infraccións que poida haber, e que cada cidadán pague polo que teña , este proceso está incluíndo construcións auxiliares tales como galpóns, galiñeiros, ...etc, que en ningún momento consideramos que deben ser considerados ben inmobles e que non deben tributar como tales. Habendo un problema engadido, que o aumento de patrimonio pode influir na concesión de becas, como xa ten acontecido noutros lugares, un problema que foi levado ao parlamento galego polo BNG e que o PP se negou a arranxar.

   Por riba, este proceso foi levado a cabo por unha empresa privada que ten no seu afán, dar de alta o maior número de procedementos, cobrando por cada un deles 60 €, tendo o cidadán que demostrar que o que eles dicían era mentira!! E non ao revés.

   O complexo de todo este proceso levou ao BNG a presentar unha moción no ano 2016, para que se puxera en marcha unha oficina de información para axudar aos cidadáns a facer as reclamación pertinentes. A nosa moción foi aceptada e así se fixo.

   A situación agrávase coa chegada de cartas abertas, e sen certificar, que deixan ao descuberto datos fiscais dos cidadáns. E a nivel informativo, as persoas que queiran pagar poden facelo con estas cartas ou esperar a que chegue a carta certificada .

   Esta regularización é consecuencia das políticas do PP , que dá igual que sexa de Madrid de Santiago ou de Mos, segue sendo o PP.

 

Mos a 15 de marzo do 2018

Miguel Anxo Aldea Moscoso

Portavoz do Grupo Municipal do BNG de Mos

Tlf: 628 141 093

 

Ás voltas co catastrazo, están chegando os atrasos