AS CHAPUZAS DO PP

Transporte municipal de Mos, unha oportunidade perdida (IV)

O goberno sigue confundíndose co seu plan.

Transporte municipal de Mos, unha oportunidade perdida (IV)

     En dezaseis meses o PP, apoiado por GAÑAMOS e PSOE preséntannos o terceiro plan de transportes, proposta que eles autodeterminan definitiva de transporte urbano de viaxeiros en Mos. Desde o BNG, volvemos a dicirlle, coma nas outras dúas veces anteriores, que sigue sendo un plan fracasado porque sigue sen apostar claramente por un plan ambicioso que cubra todo o concello. A aposta económica debería ser máis forte, pero para iso está o goberno, para priorizar a inversión, e está claro que o transporte urbano non é a súa prioridade.

    O PP deixou claro neste pleno que o plan actual é o seu, o BNG o tivo claro sempre. Utilizan soo a comisión de transportes para ter coartada e utilizar aos demais partidos ante os fracasos reiterados de seu plan. Iso si, na prensa venden ben vendido o seu produto.

    Dende que presentaron o primeiro plan ata este, cada vez acércanse un chisco, ao plan de transporte presentado polo BNG, Agora si se pode pisar as concesións que antes eran imposibles, agora o bus pode pasar polas Angustias e por Ameirolongo, mais entre outras moitas cousas seguen sen falar coa Universidade para poder facer unha parada no CUVI. As/os estudantes de Mos, ven coma pasa o bus polo CUVI e non para. Unha vergonza.

   Neste pleno, o BNG tivo que avisar ao goberno da entrada en vigor da transitoria décima da Lei 9/2017, que anula o IVE as subvencións ao transporte viaxeiros. E que entraba en vigor ao día seguinte da publicación. Isto demostra que non se decatan de por onde andan.

 

Mos a 01 de febreiro do 2018

Óscar Rodríguez Campo

Responsábel local do BNG de Mos

Tlf: 608088383

Transporte municipal de Mos, unha oportunidade perdida (IV)