COMISIÓN LINDANO
O BNG solicita a creación dunha Comisión de seguimento da contaminación de lindano en Mos
Sabemos que é responsabilidade da Xunta de Galiza a descontaminación, pero iso non pode significar que o goberno do PP de Mos non se implique a fondo neste tema.
Deixando de lado as palabras demagóxicas da alcaldía de Mos, desde o BNG facemos un chamamento a todos os partidos e ao goberno municipal en particular, para que se cree unha Comisión de seguimento da contaminación de lindano no noso concello. Porse a traballar todos xuntos sobre este tema é o que se necesita para evitar calquera tipo de alarma social.
O BNG propón, e así presenta por rexistro electrónico este sábado día 20, a creación desta comisión, desde onde estarían presentes os partidos políticos, técnicos do concello, así como aquelas persoas doutro ámbito que puideran aportar experiencia sobre o tema.
Nesta comisión faríase:
-Seguimento dos traballos da empresa que está realizando o estudo nestes momentos para cerciorarse que se está realizando de xeito correcto.
-Realizar un convenio coa Universidade de Vigo para que o departamento correspondente poda facer una auditoría externa destes traballos para ver se poderían ser complementados, chegando incluso a facer un estudo propio por parte da universidade
-Chamar á comisión a persoas que pola súa idade puideran saber de zonas onde se tería usado o lindano ou estiveron nesa época ocupando cargos de responsabilidade tanto na política como por exemplo no centro escolar.
O que plantexa o BNG non é demagoxia, é o xeito de traballar en política, pondo os intereses do/as cidadáns por riba dos intereses políticos.
Sabemos que é responsabilidade da Xunta de Galiza a descontaminación, pero iso non pode significar que o goberno do PP de Mos non se implique a fondo neste tema.
A falta de información é a que crea, sen dúbida, alarma social.
Todo este traballo debería ser completado pola consellería de sanidade, que deberían facer un estudo da posible afección na saúde das persoas que estiveron en contacto naqueles anos co este producto, tales como :
-Traballadores que estiveron na fabricación
-Estudantes que estiveron nos centros escolares nesa época nas zonas afectadas
-Habitantes das vivendas cercanas aos aterramentos que se descubriron e se están a descubrir
Como se pode ver, se se quere traballar sobre o tema pódese facer, e o BNG está disposto. Desde a tranquilidade e a seriedade.
Mos a 20 de xaneiro do 2018
Miguel Anxo Aldea Moscoso
Portavoz do Grupo Municipal do BNG de Mos
Tlf: 628 141 093