OPOSICIÓNS POLICÍA LOCAL
Algo cheira mal nas oposicións da policía local
No pleno municipal do 29 de marzo 2017, o noso Portavoz municipal fixolle ao P.P. duas preguntas:
1ª: Se pensaban tomar algunha medida ante as informacións aparecidas en prensa sobor as presuntas irregularidades nas oposicións a policias municipais no concello de VIGO, nas cales, se denuncian entre outros a dous policias do noso Concello, denuncias que o edil do P.P. en Vigo Diego Gago fala de “autentico clamor”.
A resposta é que descoñece o tema, e en todo caso, iso ...era un problema de Vigo.
O BNG- MOS quere expresar que pedimos unha comisión de investigación que foi denegada, e a pedimos xa que os corpos de seguridade son uns dos piares básicos do estado de dereito, que a mais otorgamoslles unhas atribucións que a ningún outo estamento lle concedemos. Por iso a través de dita comisión esperabamos chegar a limpar o bo nome dos nosos funcionarios do corpo policial.
2º: Por qué estaba paralizando a oferta de emprego de dous auxiliares de policia?.
A resposta foi que as oposicións seguian o seu curso. Ante ista contestación nós decimos que non é certo, ainda que legalmente teñen seis meses para rematar a proba. E decimos que é mentira porque en situacións do mesmo tipo de contratacións, o tempo medio do transcurso dende o prazo de presentación instancias ata o remate do proceso é de un mes, cousa lóxica xa que para poder contratar a auxiliares de policia local tal como di a LEI 4/2007 de 20 abril no artigo 95 punto 2, “o establecimento do persoal a que se refire este punto requerirá a tramitación polos respectivos concellos de un expediente motivado, do cal se deberá dar conta á conselleria competente en materia de seguridade da Xunta de Galiza”.
Nós, o BNG, non vemos lóxico que comece este proceso de contratación o 16/12/2016 e que dende o 30/12/2016 co listado provisional de admitidos e excluidos este proceso de contratación esté paralizado.
Ante esto pedimos que volva abrirse o proceso de contratación e explique o goberno do P.P. o porqué da paralización.
Mos a 4 de abril 2017
Oscar Rodriguez Campo
Responsabel local do BNG de Mos
Tlf: 608088383