CANDO 2+2 NON SON 4
O BNG denuncia que a nefasta actuación do PP en Mos, fai que queiran meter a todos no mesmo saco.
Óscar Rodríguez Campo responsábel local do BNG denuncia o intento de manipulación por parte do PP ao presupoñer un consenso nos plenos de Mos.
Unha cousa é as necesidades mínimas da xente no día a día, que, como organización con vontade de gobernar ten que ser responsábel e apoiar.
Outra cousa son os grandes temas que poden modificar o concello a medio e longo prazo e a visualización dos seus actos institucionais como: o plan xeral, festa da rosa, concesión medallas, transporte viaxeiros etc. Nestes temas non hai acordo posíbel do BNG co PP, xa que para os populares priman os intereses do seus amigos. Un exemplo foi a concesión das medallas de Mos deste ano que tal como dixo a ALCALDÍA no pleno dábaselle as comunidade de montes que utilizan os cartos como debe ser, e non se lles dá as que o utilizan para reclamar nos xulgados terreos que están en mans das administracións, por tanto non se premia a boa labor das asociacións senón o submisas que estas sexan co goberno do PP.
Por iso dende o BNG facemos unha oposición frontal o caciquismo do PP que pon as institucións publicas para servizo propio e dos seus amigos. Unha oposición que facemos con firmeza e en moitas ocasións en soidade, pero co único obxectivo de mellorar en todos os aspectos o noso concello.
Óscar Rodriguez Campo
Responsábel local do BNG de Mos
Tl. 608088383