DESGOBERNO DE MOS
O concello de Mos á cola en canto a rapidez no pago a proveedores
Tarda 89 días en pagar, cando por lei son 30 días
A realidade pon no seu sitio aos gobernos que basean o seu traballo na propaganda. Xa van moitas veces que o PP de Mos sae a presumir de xestión económica, pero por suposto con datos coma éste , pódese ver que non é así.
E non é que o diga o Bng, se non que é o propio ministerio de Facenda que comunica, que dentro dos concellos da provincia de Pontevedra, Mos ocupa un dos postos da cola en canto a rapidez no pago a provedores.
Por moito que presuma o goberno local, queda demostrado que non é todo verdade o que publicitan, e as empresas que suministran aos concello sofren unha tardanza de 89 días en cobrar, e para o Bng eso non ten desculpa. Hai que cumprir a lei, pero o que pasa é que para o PP hai leis de primeira e de segunda.
Mos a 19 de setembro do 2017.
Miguel Anxo Aldea Moscoso.
Portavoz do Grupo Municipal do BNG de Mos.
Tlf: 628 141 093.