CO AMPARO DA XUNTA
Patada ao patrimonio no aparcamento do concello
Xa levan tempo as obras na parte traseira do concello, coas que se intenta mellorar a zona de aparcamento así como o entorno da igrexa do cemiterio e da casa reitoral.
O que se vende como algo magnífico, demostra ser unha vez máis, unha explanada de asfalto, con muros de prefabricados de formigón. Algo horrendo que afea en gran maneira o entorno no que se atopa.
Pero aínda se fixo unha falcatruada maior. Ao principio o cruceiro que se atopaba detrás do concello, ía quedar alí, deixándoo de tal xeito que destacaría máis no lugar onde se atopaba, cunha iluminación para el só e respetándoo.
Pero o desprezo do goberno ao patrimonio, e o amor ao asfalto, leva a que, cun expediente de obra distinto ao principal, se solicite o cambio de ubicación deste cruceiro. E patrimonio de Xunta aplaude o cambio. Está claro que para algúns mandan os coches máis que o patrimonio.
Respetar ou non o noso patrimonio demóstrase en cousas coma estas.
O Bng non está de acordo con este cambio do cruceiro, e ademais considera que a presenza dos valados de formigón afea enormemente a zona.
Mos a 27 de outubro do 2017
Miguel Anxo Aldea Moscoso
Portavoz do Grupo Municipal do BNG de Mos
Tlf: 628 141 093