AFECCIÓN LINDANO MOS

O Bng solicita ao concello que estude a posible afección do lindano en Mos

Lindano
Lindano

Ademais pregunta no pleno que actuacións se están levando a cabo

O Bng solicita ao concello que estude a posible afección do lindano en Mos

       Ante as preocupantes noticias que están vendo a luz estes días, o Bng non pode deixar de interesarse pola posible afección que o lindano poda ter na zona limítrofe con O Porriño. Por esa razón presenta un escrito para que desde o goberno, se estude esta afección, así como realiza unha pregunta no pleno para saber as medidas que se están a tomar.

    Realizar análises das augas debe ser prioritario, e desde o goberno do concello se nos remite á Xunta de Galiza, que está realizando este seguimento, deixando toda a responsabilidade no ente autonómico.

    Desde o Bng consideramos importante estar en contacto cos veciños/as da zona, sobre todo cos máis maiores , para que poidan identificar os lugares onde se puidera ter botado esta terra contaminada. E este labor o debe de realizar o concello xuntamente coa asociación de veciño/as.

Desde o BNG facemos un chamamento ao goberno do concello a que tome un papel máis activo e non delegue a responsabilidade só na Xunta

 

Mos a 20 de novembro do 2017

Miguel Anxo Aldea Moscoso

Portavoz do Grupo Municipal do BNG de Mos

Tlf: 628 141 093

O Bng solicita ao concello que estude a posible afección do lindano en Mos