AS CHAPUZAS DO PP

O BNG de Mos denuncia as consecuencias dun mal plan xeral

Peinador

Reducíronse os anchos dos viais e agora veñen os problemas

O BNG de Mos denuncia as consecuencias dun mal plan xeral

    O voto negativo que deu o Bng de Mos na votación do Plan Xeral, vese cada día como a postura máis axeitada ante ese desastre. Unha das denuncias que fixo o Bng , era que non se melloraban os anchos dos viais, e que inclusive estreitábanse máis. Temos casos tanto en núcleos rurais coma en zonas urbanas.

   Exemplo desta desfeita, é a licenza concedida na vella Estrada da Vía, na zona de Peinador. Alí pódese ver unha obra nunha vivenda, que está a facer una parede a rente do vial. Algo que sorprende e salta á vista que non é normal. Pero conta con licenza municipal. Eso quere dicer que o retranqueo e o ancho dese vial é un desastre, e nin tan sequera respectou o que tiñan xa algunhas das vivendas.

   No intre da votación do plan xeral, xa foi avisado o goberno e aqueles que votaron a favor, pero aquí se ven as consecuencias.

   Para o pleno deste mes, e ante a denuncia dos vecinos e veciñas da zona de Peinador, ábrese a investigación para determinar onde acababa o terreo do tranvía, que se consideraría coma municipal, para así poder deixar a licenza sen valor.

   Pero o dano está feito, e a ver quen lle tira agora esa obra, de seguro que o PP non, o gobernó só sabe mirar para outro lado. E por suposto NON DIMITE NINGUEN!!!!.

   No plan xeral en vez de facer uns viais pensando no futuro, máis anchos e con máis espazo para as persoas, debuxáronse “corredoiras”. Responsable o goberno do PP.


Mos a 27 de xullo do 2018    

Miguel Anxo Aldea Moscoso

Portavoz do Grupo Municipal do BNG de Mos

Tlf: 628 141 093

 

O BNG de Mos denuncia as consecuencias dun mal plan xeral