AS COUSAS DE PALACIO DESPACIO

O BNG de Mos a favor do vial que evita o paso de vehículos pola zona do Pazo de Mos

Vial Pazo

Faise cunha modificación do plan xeral

O BNG de Mos a favor do vial que evita o paso de vehículos pola zona do Pazo de Mos

   A pleno de xullo, o goberno local levou a segunda modificación do plan xeral que se leva a cabo neste mandato. Neste caso afecta á zona do pazo de Mos, e dá solución á reclamación que desde o Bng lévase anos facendo.

   Cando gobernaba o Bng na Xunta, e no concello de Mos, realizouse o magnífico arranxo que humanizou e puso en valor todo o entorno do Pazo de Mos, e que hoxe é a zona máis visitada do noso concello. Pero esa posta en valor vese continuamente en perigo polo paso de vehículos que destrozan o empedrado, e ao que o goberno local non pon freno.

   Tras anos de solicitudes por parte do Bng para que se rematara co destrozo da zona, parece ser que agora vai adiante a solución do vial alternativo.Unha vez se realice o vial proxectado, débese facer estrictamente peonil a zona, só permitindo o paso aos poucos residentes que hai na zona empedrada.

   Teríase que regular a carga e descarga, para facela compatible co mantenemento do empedrado. Ou sexa, levar a cabo un labor necesario e imprescindible para que una vez feito o vial alternativo, o entorno do Pazo de Mos sexa o referente que debe de ser para os que visitan o noso concello e por suposto para todos os habitantes de Mos.

   O Bng seguirá vixilante para que esta mellora se leve a cabo de xeito completo, e que non sexa unha actuación incompleta.

Mos a 08 de agosto do 2018

Miguel Anxo Aldea Moscoso

Portavoz do Grupo Municipal do BNG de Mos

Tlf: 628 141 093

O BNG de Mos a favor do vial que evita o paso de vehículos pola zona do Pazo de Mos