DÉBEDA CONCELLO DE MOS

O concello de Mos debe 11,307,212 € entre prestamos e facturas

debeda2017
O concello de Mos debe 11,307,212 € entre prestamos e facturas

kSeguimos arrastrando a gran débeda que o PP creou hai 6 anos, cando se adicou a despilfarrar tras a moción de censura. Obviamente vaise reducindo a parte bancaria de xeito obrigatorio, xa que o goberno central está a controlar a economía municipal, porque se polo PP de Mos fose, seguiriamos a gastar sen control.

A débeda real do concello de Mos, que queremos lembrar leva gobernado polo PP desde hai 8 anos e medio, é de 11.307.212 euros. Unha gran cantidade para un concello como o de Mos, froito da pésima política económica que fai o goberno.

Se debe aos bancos 9,5 millóns, e en facturas 1,717.352 euros. Os politicuchos que temos no concello, fanse trampa a si mesmos cando len os datos do informe de intervención, cual tahures económicos que tanto abundan no PP. Só din o que lles vai ben, e non se cortan ao dicer que hai un superavit de 452,000 de euros, pero o que non din e que este superavit é irreal, porque obviamente tes superavit se non pagas as facturas, algo obvio pero moi útil para enganar aos cidadáns.

O “superavit” vaise meter nas partidas do orzamento de este ano que se ven reducidas ao pagar facturas do ano pasado. Ou sexa, que lles queda máis diñeiro no orzamento 2017 para seguir apañando votos.

Unha vez máis, un goberno do PP prepotente e unha alcaldía inmersa no máis absoluto narcisismo, leva ao noso concello a unha nefasta deriva económica

Mos a 30 de marzo do 2017
Miguel Anxo Aldea Moscoso
Portavoz do Grupo Municipal do BNG de Mos
Tlf: 628 141 093

O concello de Mos debe 11,307,212 € entre prestamos e facturas