OFICINA INFORMACIÓN CATASTRO

A oficina do catastro un feito grazas a moción do BNG

Regucatastro
A oficina do catastro un feito grazas a moción do BNG

A oficina de información catastral, un feito grazas a unha moción do Bng
Tratouse no pleno de setembro de 2016

Grazas á moción do Bng de setembro do ano pasado, logrouse un acordo por unanimidade do pleno, onde se decía literalmente:

...

“O goberno municipal enviará unha carta informativa aos veciños que se vexan afectados con pagos a maiores en catastro e porá en funcionamento un punto de axuda aos cidadáns no proceso de regularización catastral que vai ter lugar no noso concello, durante todo o período de duración desta regularización, facilitando información e axudando nas reclamacións que poidan facer os cidadáns do concello”

Este proceso de regularización xa tivo lugar noutros concellos, e está a demostrar ser absolutamente inxusto por varias razóns. Deixando de lado a parte razonable de regular as infraccións que poida haber, e que cada cidadán pague polo que teña , este proceso está incluíndo construccións auxiliares tales como galpóns, galiñeiros, ...etc, que en ningún momento consideramos que deben ser considerados ben inmobles e que non deben tributar como tales. Habendo un problema engadido, que o aumento de patrimonio pode influir na concesión de becas, como xa ten acontecido noutros lugares, un problema que foi levado ao parlamento galego polo Bng e que o PP se negou a arranxar

Por riba, este proceso está sendo levado a cabo por unha empresa privada que ten no seu afán, dar de alta o maior número de procedementos, cobrando por cada un deles 60 €.

Casos, como dar de alta casetas de pozos, medas de herba,..etc, son casos reais que aconteceron no noso país. O proceso de reclamación pode resultar complexo para as persoas que non estean de acordo coas altas que lles fai o catastro, polo que consideramos importante axudar e guiar aos nosos cidadáns nos procesos de reclamación que poidan facer.

Por eso a apertura da oficina debe ser durante todo o proceso de regularización, sexa a duración que sexa.

Mos a 07 de abril do 2017
Miguel Anxo Aldea Moscoso
Portavoz do Grupo Municipal do BNG de Mos
Tlf: 628 141 093

A oficina do catastro un feito grazas a moción do BNG