NO MERENDEIRO DE SAN FRANCO
Dornelas acollerá o vindeiro 30 de xuño a Xuntanza Nacionalista de Mos
O xornada festiva, organizada polo BNG, está aberta a toda a veciñanza e contará con música e xogos populares
A organización ofrece churrasco, crioulos, pan e café para todos os participantes, que só terán que levar a bebida e a sobremesa
O BNG de Mos retoma unha das súas tradicións coa celebración dunha nova edición da Xuntanza Nacionalista. O próximo domingo 30 de xuño o merendeiro de San Franco, en Dornelas, acollerá unha xornada festiva aberta a toda a veciñanza na que haberá churrasco, música e xogos populares. A partir das 14:00 horas, a organización ofrecerá de forma gratuíta, previa reserva, costela, crioulos, pan e café. Os partipantes só terán que levar da casa a bebida e, se o desexan, algo de sobremesa.
Con esta iniciativa, o Consello Local do BNG quere fortalecer os vínculos entre militantes, simpatizantes e votantes, por iso animan a sumarse á festa a todas as persoas que depositaron a súa confianza na formación nacionalista nas pasadas eleccións municipais. Adiantan que será unha xuntanza totalmente sustentábel e respectuosa co medio ambiente e solicitan aos participantes que eviten levar garfos, coitelos, pratos ou vasos de plástico dun só uso.
Teléfono para as reservas
As reservas para o churrasco ou calquera solicitude de información sobre a Xuntanza pódense realizar no teléfono 608 088 383 ata o próximo mércores 26 de xuño.