A ESCULTURA DESAPARECIDA

Absoluta falta de sensibilidade artística por parte do PP

IMG_20170403_161453
Escultura do Peixe
Absoluta falta de sensibilidade artística por parte do PP

Xa pasaron tres meses desde a denuncia que fixo o Bng sobre o estado da estatua con figura de peixe que estaba no paseo do Río Louro, concretamente na zona da Pateira.

A decisión do goberno foi retirar a estatua, inclusive un pedestal que contiña unha placa cuns versos da nosa poetisa María Magdalena.

Suponse que se retirou todo para volver repoñelo unha vez adecentada a zona, máis parece que eso non é así. Nin se volveu colocar a estatua nin o pedestal coa poesía. E xa pasaron tres meses.

O goberno do PP sempre utiliza moita verborrea defendendo a cultura de Mos, utilizando os sentimentos mosenses para o seu beneficio, pero queda demostrado que , falando do PP, de onde non hai, non se pode sacar. Esto tamén é cultura de Mos, e mostra unha falta de respecto absoluta hacia a nosa poetisa, así como hacia o artista que fixo a estatua.

O goberno só mira para os votos, e cousas coma estas son as que marcan a diferencia duns gobernantes con outros. Menos actos de autobombo como a festa da Rosa e a entrega de medallas, e máis traballo miúdo.

O Bng esixe a reposición inmediata da estatua retirada, en perfecto estado, ademais do pedestal coa placa onde se podía ler uns versos da nosa poetisa María Magdalena.

IMG_20170403_163515

Mos a 1 de Xullo de 2017
Miguel Anxo Aldea Moscoso
Portavoz do Grupo Municipal do BNG de Mos
Tlf: 628 141 093

 

Absoluta falta de sensibilidade artística por parte do PP