OUTRO ACTO MÁIS DE AUTOBOMBO
Non somos convidados de pedra dos actos partidistas de Nidia
Unha vez máis ven de realizarse o acto de entrega de medallas e o nomeamento do fillo predilecto, e como non podía ser doutro xeito, demostrou ser un acto de autobombo do PP.
O desembarco de autoridades do PP, que ocupan cargos en varias administracións, e o feito que foran elas as que entregaran as medallas, confirmou a nosa aseveración de que foi un acto político.
Ana Pastor, Ignacio López Chaves e Beatriz Mato, foron as autoridades convidadas, e os concelleiros da oposición, que son os representantes dos e das cidadáns de Mos, foron uns convidados de pedra, apartados nunha segunda fila. O Bng de Mos xa esperaba esta situación, polo que xa decidíu non asistir para non dar a imaxe irreal e falsa de unanimidade.
Que mínimo que os concelleiros de Mos sexan partícipes e non meros observadores, pero que nos imos esperar do PP, sectario coma sempre.
O PP, que utiliza os sentimentos e emocións deste tipo de actos para maior gloria da alcaldía, unha utilización vergoñenta pola súa parte.
As medallas non representan a todos os partidos, só aos que asistiron.
Miguel Anxo Aldea Moscoso
26 de xuño de 2017
Portavoz do Grupo Municipal do BNG de Mos
Tlf: 628 141 093