bng
Política Local

.

Sabías que o BNG de Mos conta cunha canle de información de WhatsApp?

🤳 Se queres estar ao tanto de toda a actualidade de Mos (e non só das noticias que difunde o goberno do PP), mándanos unha mensaxe!

Ler novas
Política Local
Recoñecemento H

O BNG tacha de “incompetente” ao goberno do PP por acumular preto de 1,7 millóns de euros en facturas impagadas en 2023

O PP de Nidia Arévalo aprobou un recoñecemento extraxudicial de crédito no que se inclúen miles de euros en merchandising e varios meses de electricidade.

Os informes técnicos de Intervención advirten sobre posibles fraccionamentos de contratos, o cal suporía un delito contra a Administración Pública.

Gustavo Barcia, portavoz do BNG de Mos: "se o Concello fora unha empresa, todos os membros do goberno estarían despedidos por actuar contra a propia empresa".

Ler novas
Política Local
undefined

As candidaturas do BNG do Porriño e Mos deseñan unha estratexia común para recuperar o río Louro

Os cabezas de lista de ambos concellos comprométense a unir os paseos fluviais existentes e prolongar a senda ata Tui.
Pedro Pereira, candidato á alcaldía do Porriño: “A maior ameaza para o Louro, neste momento, é o PP de Alejandro Lorenzo”.
Gustavo Barcia, candidato á alcaldía de Mos: “Queremos ampliar o paseo do Louro, pero sen cubrir de formigón a beira do río”.
Ler novas