CIDADE DEPORTIVA

O BNG cuestiona a declaración de interese autonómico do pelotazo urbanístico do Celta en montes comunais de Mos

undefined
Alexandra Fernández e comuneiras afectadas

A deputada Alexandra Fernández denuncia as manobras da Xunta do PP para facilitar a tramitación do proxecto, malia os numerosos informes que alertan dos seus impactos e as sentenzas que declaran a ilegalidade das obras xa realizadas

O BNG cuestiona a declaración de interese autonómico do pelotazo urbanístico do Celta en montes comunais de Mos

MOS, 14 de setembro 2022.- O Bloque Nacionalista Galego vén de cuestionar a declaración como proxecto de interese autonómico do pelotazo urbanístico do Celta en montes comunais de Mos. A deputada nacionalista no Parlamento galego, Alexandra Fernández, denunciou este mércores, durante unha pregunta no Pleno, as manobras da Xunta do PP para facilitar a tramitación do proxecto, malia os numerosos informes que alertan dos seus impactos e as sentenzas que declaran a ilegalidade das obras xa realizadas.

“Como pode ser que unha chea de organismos da Xunta advirtan do lesivo que é para o territorio e que vostedes agora intenten tramitalo de novo pola vía expresa e saltándose filtros de control?”, interpelou Fernández, que cualificou a declaración de interese autonómico como “un instrumento para facilitar que as empresas amigas do PP sorteen todo criterio de planificación territorial sostible”.

A deputada do BNG reprochou á conselleira de Medio Ambiente e Territorio, Ángeles Vázquez, que ignore os informes da súa propia área, entre eles da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, que apuntan numerosas obxeccións como o grave impacto paisaxístico, as contradicións cun modelo de mobilidade sostíbel, a falla de xustificación para expropiar terreos en mancomún e a destrución de masa forestal fundamental para protexer o solo e os recursos hídricos.

“O interese deste proxecto non é público, é estritamente privado do presidente do Celta, Carlos Mouriño, que vai expropiar e recalificar terreos forestais a catro pesos, grazas ao apoio do PP, para unha chea de usos e actividades que lle van reportar grandes beneficios empresariais”, criticou a deputada nacionalista.

Fernández acusou ao PP de “connivencia”con Mouriño por mirar cara outro lado ante as ilegalidades do proxecto, tal como denuncian os comuneiros afectados que advirten, en base a un informe pericial, que o volume construído na actualidade está moi por riba do autorizado.

“E agora sabemos que a Xunta tamén colabora escondéndolle debaixo da alfombra o que Mouriño quere ocultar”, recriminou en relación aos singulares achados arqueolóxicos que veñen de facerse públicos por parte de medios de comunicación.

Desde a fronte nacionalista insisten en que o PP avalou este proxecto desde o principio, tanto a nivel galego como municipal, a pesar do forte rexeitamento social en Mos e osimpedimentos legais. “O trato de favor é tan descarado que o señor Feixóo participou mesmo na inauguración da primeira fase do complexo sabendo que non contaban cos permisos para as instalacións deportivas”.

 

Intervención de Alexandra no Parlamento: https://fb.watch/fzR_WVOQh9/

O BNG cuestiona a declaración de interese autonómico do pelotazo urbanístico do Celta en montes comunais de Mos