PXOM MOS
O BNG de Mos non acude ao acto de sinatura do PXOM
O Bng de Mos non acude ao acto da sinatura do plan xeral
A delgada liña que separa un acto institucional doutro meramente político-partidista
No día de onte, mércores 18 de xaneiro, o presidente da Xunta viu ao concello de Mos a asinar o plan xeral do concello. Este acto, que se quere enmarcar no máis estricto ámbito institucional, para o Bng de Mos é un acto político-partidista.
A delgada liña que divide estes actos, o político e o institucional, neste caso vese traspasada por certos condicionantes que así nolo permiten afirmar. Neste concello está como alcaldesa, un membro destacado do PP, unha persoa con vistas a futuros medres, e que nestes momentos está liderando a loita do PP contra Abel Caballero. Para nós, este acto é un ensalzamento desta persoa, refente nestes meses do enfrentamento inútil entre Psoe e PP.
Obviamente desde o goberno se nos vende outra cousa, pero a presenza do Bng neste acto sería un aval a esa situación.
Doutra banda, o plan xeral de Mos, ao que o Bng votou en contra na última aprobación, e ao que fixo numerosas alegacións de calado, NON é o plan xeral do Bng, nin é un plan que estea feito con vista á mellora da calidade de vida dos cidadáns.
Ademais de dubidar moito da empresa redactora, non podemos apoiar un documento no que aparecen dun día para outro solos industriais onde había terciarios, no que sobra por todos lados solos industriais, onde non se permite unha segunda opinión aos cidadáns, tal como solicitamos...
Mentras o polígono da Veigadaña está por encher, permítese a implantación de industrias cerca das vivendas. Por que aparecen eses solos industriais ou terciarios? Hai algún interés? Non nos fiamos. Todo é legal, sempre legal, pero...
Só nos núcleos rurais poderiamos chegar a acordos, pero o plan é un todo, e non se aproba por trozos.
Polo tanto a nosa presenza non é viable nunha sinatura dun plan que botariamos abaixo se puideramos, e menos coa presenza partidista, ao noso entender do presidente da Xunta.
Mos a 18 de xaneiro do 2017
Miguel anxo Aldea Moscoso
Portavoz municipal do BNG de Mos
Tlf.: 628141093.